Archivo de la categoría: ACCION SOCIAL

Curso 2012-13. Procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Conselleria de Traballo

No DOG de hoxe, 29.2.2012, publícase a ORDE do 24 de febreiro de 2012 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes daConselleria de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013.

Descargar PDF

Corrección de erros. Prestación económica única de 360 euros por fillos menores de tres anos.

No DOG de hoxe, 24.2.2012, publícase corrección de erros, en relación coa prestación económica única de 360 euros por fillos menores de tres anos, manténdose o prazo de presentación de solicitudes.

Ver correción de erros

Prestación económica única de 360 euros por fillos menores de tres anos.

No DOG de hoxe, 15.2.2012, publícase a ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.

Descargar PDF

Accion Social 2011, listaxes definitivas

No DOG de hoxe, 28.12.2011, publicase a RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I (Axuda fillos e estudos fillos) e II (Axuda estudos funcionarios) correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia. As ditas listaxes están expostas nas páxinas web: www.xudicial.xunta.es e http://cpapx.xunta.es/acción-social.

En aplicación da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos solicitantes dos programas III (Axuda discapacidades) e IV (Axuda por celiaquía, intolerancia á lactosa e crohn) comunicarase persoalmente aos interesados.

Acción Social 2011, listaxes definitivas

Pola DXX, remitiusenos a seguinte mensaxe, en relación coas listaxes defintivas de admitidos e excluídos na acción social do presente ano.

Achegamos as listaxes de admitidos e excluídos definitivos dos programas I e II do fondo de acción social para persoal da administración de Xustiza.

Nos próximos días publicarase o anuncio das listas no DOG e colgaranse na intranet

As listaxes estan a vosa disposición nos locais sindicais o podedes preguntarlles aos nosos delegados sindicais, todo iso en apliación da Ley de Protección de Datos.

Accion Social. Tramitación das listaxes definitivas

Pola DXX remitiusenos a seguinte comunicación, en relación coa xuntanza mantida onte pola maña, na mesa de Acción Social:

Sigue leyendo