Archivo de la categoría: COMISION DE SERVIZOS

Comisións de servizo no Imelga

Pola DXX remitiusenos o seguinte comunicado, en relación coas distintas comisións de servizo no Imelga.

“No día de mañá abrirase un novo prazo polo que se amplía o de recepción de instancias para distintas comisións de servizo no IMELGA. O novo periodo de presentación é do 04/10/2011 ao 07/10/2011, debendo dirixir as peticións á Dirección Xeral de Xustiza.

A publicación farase na intranet xudicial, nos apartados “Actualidade“ dentro da pestana de “Médicos Forenses” e en “Comisións de Servizo” dentro de “RRHH”. Para unha mellor difusión, o anuncio tamén se publicará na páxina web da Dirección Xeral, no apartado adicado a concursos de traslados e provisión temporal.”

Listaxes definitivas adxudicacións comisión de servizos órganos nova creación

Pola DXX dousenos traslado das listaxes definitivas de adxudicación de prazas en comisión de servizos nos órganos de nova creación, sendo as mimas que as provisionais para os corpos de Xestión e Auxilio, habendo no corpo de Tramitación os seguintes cambios:


- Renunciou Julia Pérez de Prado, que tiña adxudicado provisionalmente o Xdo. Social 4 de Ourense
- Agora lle corresponde á funcionaria seguinte en puntuación e por preferencia, Ana María Fernández Álvarez, que na provisional tiña adxudicado o Penal 4 de Pontevedra
- E adxudícaselle a Tania Ramallo Piñón o Xdo. Penal 4 de Pontevedra, gozando da preferencia sobre Silvia Perdiz Fernández por está facendo unha substitución entre titulares.
-Tamén entra Xosé Delmiro Hervella Álvarez no Xdo. Social 3 de Santiago de Compostela,  quen obtivo praza no concurso, por non haber mais solicitantes desta praza.

Adxudicación provisional prazas órganos nova creación

Pola DXX dousenos traslado das listaxes provisionais nas que se adxudican, en comisión de servizos, as prazas dos órganos de nova creación que comenzaran a funcionar o vindeiro dia 30 de decembro. Para visualizalas premer sobre o enlace correspondente.

ADX PROV AUXILIO

ADX PROV TRAMIT

ADX PROV XESTIÓN

EXCLUIDOS

PUNTUACIÓN PROV AUXILIO

PUNTUACIÓN PROV TRAMIT

PUNTUACIÓN PROV XESTIÓN

Comisión de servizos órganos nova creación en Galicia

Resolución do 5 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Como requisito imprescindible, as solicitudes anticiparanse por fax á dirección xeral (fax nº 981 54 62 22) para axilizar a súa tramitación.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DE 5 DIAS HÁBILES

PDF DA RESOLUCION

Calendario laboral de Galicia y comisiones de servicio órganos nueva creación en Galicia

Comisión de servizos Secretaria Xulgado de Paz de Boiro

Pola DXX resolveuse a adxudicación definitiva da Secretaría do Xulgado de Paz de Boiro a Sandra Rosa Pérez Gómez, unha vez rematado o prazo de alegacións á provisional sen terse presentado ningunha reclamación. A comisión de servizos comezará o 5 de abril.