O calendario laboral do 2019 permitirá ata oito pontes

CALENDARIO LABORAL 2019.doc.jpg

PREME NA IMAXE PARA VER O calendario do 2019 permitirá á Xunta mover dúas datas para manter como festivo o venres 17 de maio, Día dás Letras Galegas, como xa é habitual. E, do mesmo xeito que ocorreu noutras ocasións, o 19 de marzo, Día do Pai, que cae en martes. O Goberno autonómico exerce así a potestade para mover dous festivos tradicionais que o próximo ano coinciden en domingo: o día de Reyes (6 de xaneiro) e o da Inmaculada (8 de decembro). A estas dúas datas sumarase, tras o visto e prace do Consello Galego de Relacións Laborais, o 25 de xullo como Día Nacional de Galicia, un xoves; e tamén o Xoves Santo, que será o 18 de abril.

A normativa establece catorce días de descanso: doce marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos, que deberán aprobalos nos seus respectivos plenos municipais. Nove deles son obrigatorios, e só intercambiables se caen en domingo. No 2019 son: o 1 de xaneiro (martes); Venres Santo (19 de abril); o Día do Traballo (1 de maio, mércores); a Asunción (15 de agosto, xoves); Día da Hispanidade (12 de outubro, sábado); Todos os Santos (1 de novembro, venres); a Constitución (6 de decembro, venres); e Nadal (25 de decembro, mércores).

Anuncios

Los comentarios están cerrados.