Archivo de la categoría: ACCION SOCIAL

MESA TÉCNICA DE ACCIÓN SOCIAL – 20 DE SETEMBRO

Resultado de imagen de accion social

O mércores 20 tivemos mesa técnica na Dirección Xeral de Xustiza, onde respecto “ó que aínda queda” de ACCIÓN SOCIAL 2017 se nos informou do seguinte:

  • Hai 117 beneficiarios.
  • 4 solicitudes foron denegadas (2 por non aportar a documentación requerida, e 2 por non validar a solicitude.

A  Administración informa de que a súa previsión é a de publicar a resolución definitiva e proceder ó pagamento ós beneficiarios, ó longo do mes de novembro, sen concretarse data algunha.

Recordamos que por protección de datos persoais, as correspondentes consultas efectuaránse a través da OPAX unha vez publicada a resolución definitiva.

SPJ-USO: POLA RECUPERACIÓN DE DEREITOS.

FÍN ÓS RECORTES DE ACCIÓN SOCIAL

Anuncios

DOG LISTAS PROVISIONAIS DE ACCIÓN SOCIAL XUSTIZA

Resultado de imagen de accion social

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

O acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX

Terán un prazo de dez días hábiles , para emendaren os defectos da exclusión provisional.   (ATA O 26 DE XULLO DE 2017)

 

ACCIÓN SOCIAL 2017

Resultado de imagen de ACCION SOCIAL

Hoxe, 21 de xuño, celebrouse comisión de Acción social, pra aprobar as listas provisionais de admitidos e excluidos.

Houbo un total de 115 solicitudes para 125 beneficiarios

4 solicitudes quedaron excluidas definitivamente, 2 por non presentalas en forma logo de validalas, e outras 2 porque non se chegaron nin a validar

7 solicitudes están excluidas provisionalmente por defectos subsanables

A previsión da Dirección Xeral de Xustiza e que a resolución se publique no DOG nun prazo aproximado de 15 días. Ao día seguinte da publicación os interesados poderán consultar a súa resolución a través do OPAX, e ese mesmo día comezará o prazo de 10 días para alegacións.

Cando se concrete a data exacta de publicación no DOG, informaremosvos puntualmente

 REMATA O PRAZO ACCIÓN SOCIAL

 Resultado de imagen de accion socialNo Diario Oficial de Galicia do día 05.04.2017 publicose a Resolución do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Lembrámosvos que o vindeiro venres día 28 de abril remata o prazo para a presentación de solicitudes. Se alguén necesita axuda para cumplimentar a solicitude, ou ten algunha dúbida ao respecto, podedes contactar c@s nos@s delegad@s.

ACCIÓN SOCIAL 2017

IMG-20170405-WA0000EN EL DOG SE PUBLICA HOY, RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

BENEFICIARIOS.-Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais auxilio xudicial.

PRAZO.- Quince  días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, mediante FORMULARIO ELECTRÓNICO A TRAVÉS DA OPAX, NO ENDEREZO web opax.xunta.es.

CONTÍA DA AXUDA.- Calcúlase do seguinte modo, tendo en conta o grao de discapacidade:

– Do 33 % ao 64 %: 300 €.    – Do 65 % ao 74 %: 600 €.       – Do 75 % en diante: 1.200 €.

VER PUBLICACIÓN NO DOG

ACCIÓN SOCIAL

Resultado de imagen de accion social

O vindeiro día 05.04.2017, sae publicada no DOG a Resolución do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.