Archivo de la categoría: COMISION DE SERVIZOS

MESA TÉCNICA NA DIRECCIÓN XERAL SOBRE REGULACIÓN DE COBERTURA DE POSTOS VACANTES A MEDIO DE COMISIÓNS DE SERVIZO.

 

Resultado de imagen de comisiones de servicio funcionariosVER NOTA INFORMATIVA  O martes 18 de xullo celebrouse mesa técnica sobre COMISIÓNS DE SERVIZO na DXX. Debemos ter en conta que a normativa de base encóntrase principalmente  no art. 527 LOPJ e 73 do noso regulamento.

A medio de comisión de servizo poderíanse cubrir, ata a sua cobertura en concurso, as situacións seguintes: Falecemento, perda da condición de funcionario, servizos especiais, excedencias, suspensións de función e prazas de nova creación.

SPJ-USO solicitou se engadisen expresamente as “vacantes por xubilación”, así como as liberación sindicais. A administración acolleu a nosa solicitude primeira, e tomou nota da segunda, que será estudiada.

As Comisións están abertas a todo o territorio nacional para funcionarios do mesmo corpo ó que se opta, e enmendan “en parte” as graves carencias da regulación das substitucións (que seguirán en vigor para cobertura de baixas e ausencias por permisos ou licencias e outras de longa duración; ausencias por comisión de servizos  e outras situacións).

SPJ-USO esixe se nos convoque á maior brevidade posible para negociar a regulación da orde de  substitucións e quendas.

PROPOSTA DA ADMINISTRACIÓN POSTURA DEFENDIDA POR SPJ-USO
Requisitos do solicitante: Servizo activo e seis meses de desempeño efectivo no posto dende o que se participa. Eliminación do dito período de 6 meses de desempeño efectivo.
Preferencia: A administración propón que teñan preferencia os solicitantes vítimas de violencia de xénero, acoso laboral ou situacións graves de saúde do solicitante, cónxuxe ou fillo a cargo. SPJ-USO esixe que se elimine da proposta este artigo, por considerar que sería unha maneira de facilitar o “mamoneo e o amiguismo” na administración, ademáis de estar xa legalmente reguladas na normativa.
BAREMO: A administración propón que o criterio de adxudicación sexa:

1º o nivel de galego

2º o posto no escalafón

SPJ-USO esixe que a baremación sexa exactamente a mesma que nun concurso de traslados: Antiguidade (2 puntos por ano) mais galego (4-8-12 puntos).
Duración: 1 ano prorrogable por outro Solicitamos que se excepcionen as situacións con reserva de praza (servizos especiais, etc).
Renuncias: Propoñen penalizar as renuncias coa imposibilidade de acceder aunha nova comisión durante un ano. Solicitamos que se penalicen só as renuncias “antes de transcurridos 6 meses de desempeño”, e coa imposibilidade de acceder a unha nova comisión durante 6 meses.
SPJ-USO esixiu que as prazas desocupadas por estar o seu titular en Comisión de Servizo sexan  ofrecidas a modo de substitución entre titulares, ó que accedeu a DXX.

A administración contestará por escrito ás alegacións sindicais, e a negociación continuará en setembro.

SPJ-USO solicita la consolidación y cobertura de las plazas de refuerzo en las Fiscalías de Galicia en el concurso de traslados y, en su defecto, mediante comisión de servicios

Pulsando sobre la imagen podéis acceder al escrito presentado por SPJ-USO Galicia ante la DXX silicitando la consolidación y cobertura de las plazas de refuerzo en las Fiscalías de Galicia en el concurso de traslados y, en su defecto, mediante comisión de servicios.

soliicistud plazas fiscalia en comision de servicios_1

Médicos Forenses: Comisión de servizos no Imelga de Vigo

logointranetNa Intranet, no día de hoxe, 9.9.2013, publícouse a seguinte nota: “..Convócase, mediante a Resolución do 4 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, a provisión de forma temporal en comisión de servizo do posto de subdirector/a do Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galicia) na Subdirección Territorial de Vigo para funcionarios/as do corpo de médicos forenses.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da dita convocatoria nesta intranet….”

Cantabria. Regulación de las comisiones de servicio

x_cantabriaEn el Boletín Oficial de Cantabria del día de hoy, 26.7.2013, se publica la Orden PRE/24/2013, de 17 de julio, por la que se regula la provisión de puestos de trabajo mediante comisión de servicio en el ámbito de la Administración de Justicia en la Comunidad Autónoma de Cantabria.

VER ORDEN

Comisións de servizo no Imelga

Pola DXX remitiusenos o seguinte comunicado, en relación coas distintas comisións de servizo no Imelga.

“No día de mañá abrirase un novo prazo polo que se amplía o de recepción de instancias para distintas comisións de servizo no IMELGA. O novo periodo de presentación é do 04/10/2011 ao 07/10/2011, debendo dirixir as peticións á Dirección Xeral de Xustiza.

A publicación farase na intranet xudicial, nos apartados “Actualidade“ dentro da pestana de “Médicos Forenses” e en “Comisións de Servizo” dentro de “RRHH”. Para unha mellor difusión, o anuncio tamén se publicará na páxina web da Dirección Xeral, no apartado adicado a concursos de traslados e provisión temporal.”

Listaxes definitivas adxudicacións comisión de servizos órganos nova creación

Pola DXX dousenos traslado das listaxes definitivas de adxudicación de prazas en comisión de servizos nos órganos de nova creación, sendo as mimas que as provisionais para os corpos de Xestión e Auxilio, habendo no corpo de Tramitación os seguintes cambios:


– Renunciou Julia Pérez de Prado, que tiña adxudicado provisionalmente o Xdo. Social 4 de Ourense
– Agora lle corresponde á funcionaria seguinte en puntuación e por preferencia, Ana María Fernández Álvarez, que na provisional tiña adxudicado o Penal 4 de Pontevedra
– E adxudícaselle a Tania Ramallo Piñón o Xdo. Penal 4 de Pontevedra, gozando da preferencia sobre Silvia Perdiz Fernández por está facendo unha substitución entre titulares.
-Tamén entra Xosé Delmiro Hervella Álvarez no Xdo. Social 3 de Santiago de Compostela,  quen obtivo praza no concurso, por non haber mais solicitantes desta praza.