Archivo de la categoría: COMISIÓN SEGUIMIENTO ACUERDO

CARREIRA PROFESIONAL: OBXECTIVO ACADADO!!!

OS TRABALLADORES DA XUSTIZA GALEGA, AVALADOS POLA FIRMA DOS SINDICATOS SPJ-USO, UGT E CCOO, LOGRAN TER A PRIMEIRA CARREIRA PROFESIONAL NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A NIVEL NACIONAL.

HOXE 13-3-2020, PECHOUSE UN ACORDO HISTÓRICO QUE SE FIRMARÁ NOS VINDEIROS DÍAS EN CANTO A CRISE DO CORONAVIRUS O PERMITA.

Ampliaremos a información nos vindeiros días.

Carreira Profesional - obxectivo acadado

CARRERA PROFESIONAL.- CONVOCATORIA MESA SECTORIAL

CARREIRA PROFESIONAL

CARREIRA PROFESIONAL. Non era unha utopía, É UNHA REALIDADE (FEITOS, non palabras)…

taboa Carreira P.

O 23-5-2018, fai preto de 2 anos, SPJ-USO coa sua firma, puxo fin á folga mais dura da Xustiza galega.

Entre as  condicións esixidas para a dita firma, encontrábanse, ademais dos 5 puntos reivindicados na folga (CAT, IT, SUBSTITUCIÓNS, AMORTIZACIÓNS e REFORZOS), que foron firmados e desenvolvidos na comisión de seguemento, lográndose melloralos nalgúns puntos, como foi a retroactividade dos descontos por IT que foron devoltos ós traballadores, a creación de prazas en 2019 (estánse a negociar as prazas a crear en 2020), e a consolidación de tódolos reforzos. Ademais do anterior (reivindicacións da folga), SPJ-USO, como sindicato maioritario naquel intre ó igual que a día de hoxe, asumiu a súa representación e esixiu que para firmar o acordo había que incluír dos puntos vitais:

  1. Estableceuse o complemento de violencia, que pasou de ser de 20 euros só nas cidades a ser de actuálmente: 125 euros na Coruña e Vigo; 78 nas demais  cidades e 52 nos pobos.
  2. Incluíuse no acordo a CARREIRA PROFESIONAL, unha gran descoñecida nese intre para a maioría dos traballadores e sindicatos, e que SPJ-USO esixiu incluir para estampar a súa firma, e que finalmente se demostra que será o punto mais importante de tódolos conseguidos polos traballadores da Xustiza galega na folga de 2018.

Dende o mesmo día da firma do acordo por SPJ-USO e outros dous sindicatos (23-5-2018), SPJ-USO estivo a traballar sen descanso, velando polo cumprimento de cada un dos cinco puntos do acordo, así como esixindo a regulación da nosa CARREIRA PROFESIONAL e presionando para a súa posta en marcha á maior brevidade, dado que é un obxectivo que mellora a nosa categoría profesional e as nosas condicións de traballo.

O noso obxectivo referente á CARREIRA PROFESIONAL é lograr un acordo que sexa bo para todos, titulares e interinos, e que sexa de inmediata efectividade, independentemente da falta de regulación estatal por parte do Ministerio de xustiza ó respecto.

As trabas que puxeron algúns no ministerio para que ningunha comunidade puidese sacar a súa carreira “salvámolas”, e “si” seremos pioneiros da carreira en xustiza, e se algún dia (veremos cando…)  o Ministerio desenvolve as bases da Carreira Profesional a nivel nacional,  os funcionarios da xustiza galega nunca nos veremos perxudicados garantíndosenos a melloría se a houbese, e non penalizando ningunha diminución na nosa carreira se a que se aprobase no Ministerio fose peor.

O luns 9-3-2020, podemos decir que o noso obxectivo está mais cerca, pese a quén lle pese, e fomos convocados a mesa Sectorial de Xustiza onde se nos deu traslado do borrador da Carreira Profesional da Xustiza galega:

AS CONTÍAS ECONÓMICAS OFERTADAS INICIALMENTE POLA XUNTA SON POR CADA GRADO SON:

FORENSES: 2.515,68 €    XESTIÓN: 1.760, 64 €      TRAMITACIÓN: 1.135, 44 €       AUXILIO: 963,72 €.

As ditas cantidades son anuais (en 12 mensualidades) por cada grado conseguido. O pago será como retribución adicional ó CAT/CE.

A carreira profesional supón a posibilidade de avanzar, profesional e retributívamente, sen necesidade de cambiar de posto nin corpo, como recoñecemento á experiencia profesional, coñecemento e compromiso mostrados polo traballador durante a súa vida laboral, e está dividida: en: 

–       GRADO INICIAL que vai desde o inicio como funcionario ata os 5 anos; este grado non ten asignación económica.

–       GRADO 1 recoñecido DENDE  o 5º ano de servizos prestados.

–       GRAO 2 recoñecido cunha permanencia no grado anterior de 6 anos.

–       GRAO 3 recoñecido cunha permanencia no grado anterior de 6 anos.

–       GRAO 4 recoñecido cunha permanencia no grado anterior de 7 anos.

A medida que se vaia desenvolvendo a carreira cada traballador ira percibindo os graos que lle correspodan mensualmente.

Para o acceso ao grao 1 e 2 básicamente o único requisito necesario será o da antigüidade e un mínimo de formación (40 horas), polo tanto, unha vez publicada no doga, cada traballador voluntariamente, poderá solicitar, se o considera oportuno, a inclusión na carreira; reiteramos que a solicitude de inclusión é voluntaria.

DESENVOLVEMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL:

1.-ACCESO Ó GRAO I: No segundo semestre do ano 2020 tramitarase o sistema para o acceso de maneira fácil e directa ao grao I, con 5 anos de antigüidade na data 31.12.2019.  O abono das contías correspondentes ao grao I produciranse de maneira progresiva en 3 anualidades para os grupos A1=forenses e A2=Xestión; e en 2 anualidades para os C1=Tramitación e C2=auxilio.

2.- ACCES0 Ó GRAO II: No segundo semestre de 2021 accédese de maneira anticipada e excepcional ao grao II, con 11 anos de antigüidade e devandito grao será recoñecido desde o 1-1-2022 (C1 e C2)  ou 1-1-2023 (A1 e A2), fraccionándose o pagamento en 3 ou 4 anualidades dependendo do grupo.

3.- ACCESO Ó GRAO III: No segundo semestre do ano 2024 a Dirección Xeral de Xustiza publicará a convocatoria para acceso ó grado III para aqueles que teñan recoñecido o grao II e cunha antigüidade de 17 anos; o dito grado será recoñecido dende o 1-1-2025 ou 2027.

SPJ-USO PRESENTARÁ AS CORRESPONDIENTES ALEGACIÓNS PARA A MELLORA DA DITA PROPOSTA, TANTO NO REFERENTE ÁS CANTIDADES, COMO NAS PORCENTAXES ANUAIS, así como nas condicións e requisitos esixidos, do que vos informaremos. 

O prazo para alegacións remata o xoves 11 de marzo ás 15:00 horas, estando prevista nova xuntanza para o vindeiro venres 13.

Lembramos que nos Orzamentos consignáronse as cantidades para o pago neste 2020, conforme vos temos informado.

Adxuntamos ó presente arquivo pdf coa proposta da Xunta de Galicia para alegacións.

Carreira profesional borrador Xunta marzo 2020 (9-3-20)

Igualmente adxuntamos circular sobre a carreira profesional:


CARREIRA PROFESIONAL – circular marzo 2020

CARREIRA PROFESIONAL: NON ERA UNHA UTOPIA, E UNHA REALIDADE

image

O 23-5-2018, fai preto de 2 anos, SPJ-USO coa sua firma, puxo fin á folga mais dura da Xustiza galega.

Entre as  condicións esixidas para a dita firma, encontrábanse, ademais dos 5 puntos reivindicados na folga (CAT, IT, SUBSTITUCIÓNS, AMORTIZACIÓNS e REFORZOS), que foron firmados e desenvolvidos na comisión de seguemento, lográndose melloralos nalgúns puntos, como foi a retroactividade dos descontos por IT que foron devoltos ós traballadores, a creación de prazas en 2019 (estánse a negociar as prazas a crear en 2020), e a consolidación de tódolos reforzos. Ademais do anterior (reivindicacións da folga), SPJ-USO, como sindicato maioritario naquel intre ó igual que a día de hoxe, asumiu a súa representación e esixiu que para firmar o acordo había que incluír dos puntos vitais:

  1. Estableceuse o complemento de violencia, que pasou de ser de 20 euros só nas cidades a ser de actuálmente: 125 euros na Coruña e Vigo; 78 nas demais  cidades e 52 nos pobos.
  2. Incluíuse no acordo a CARREIRA PROFESIONAL, unha gran descoñecida nese intre para a maioría dos traballadores e sindicatos, e que SPJ-USO esixiu incluir para estampar a súa firma, e que finalmente se demostra que será o punto mais importante de tódolos conseguidos polos traballadores da Xustiza galega na folga de 2018.

Dende o mesmo día da firma do acordo por SPJ-USO e outros dous sindicatos (23-5-2018), SPJ-USO estivo a traballar sen descanso, velando polo cumprimento de cada un dos cinco puntos do acordo, así como esixindo a regulación da nosa CARREIRA PROFESIONAL e presionando para a súa posta en marcha á maior brevidade, dado que é un obxectivo que mellora a nosa categoría profesional e as nosas condicións de traballo.

O noso obxectivo referente á CARREIRA PROFESIONAL é lograr un acordo que sexa bo para todos, titulares e interinos, e que sexa de inmediata efectividade, independentemente da falta de regulación estatal por parte do Ministerio de xustiza ó respecto. Sigue leyendo

ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTAR PARTE DOS PLÁNS DE RECUPERACIÓN

820ac-logo_intranet_xustizaRecórdase que o 05.07.2019 remata o prazo para presentar os partes do plan de recuperación.

CARREIRA PROFESIONAL. COMISIÓN DE SEGUIMENTO, 4 DE XUÑO AS 10.00 HORAS.

 

CARRERA IMAGEN