Archivo de la categoría: EGAP

EGAP Curso monográfico Novidades en materia de Administración electrónica introducidas

egap2

ENLACE  DOG

Anuncios

EGAP. Curso monográfico Cambio e motivación na función pública, nivel II.

Resultado de imagen de curso monográficoRESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2017 pola que se convoca o curso monográfico Cambio e motivación na función pública, nivel II. Continuación do curso celebrado o 15 e 12 de Xullo.

 OBXECTIVOS.- Experimentar a diferenza que existe entre «intentar facer» e «decidir facer», para tomar as rendas dos propios actos;  elevar o nivel de confianza en si mesmos/as, ilusión, motivación e desexos de pasar á acción,  Ter a oportunidade de desafiarse a si mesmos/as e experimentar o poder persoal que reside no seu interior a través dunha poderosa metáfora de superación de temores e crenzas limitantes.

 PERSOAS DESTINATARIAS.–   Entre outros, funcionarios de Xustiza.

LUGAR E DATA- EGAP, MÉRCORES 6 DE SETEMBRO DE 2017, HORARIO DE MAÑÁ.

 INSCRIPCIÓN.-  Web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

INFORMACIÓN.- Nos teléfonos: 981 54 62 41; 981 54 62 39.

VER INFORMACIÓN COMPLETA DOG

EGAP. Curso monográfico Responsabilidades administrativas e penais de autoridades e funcionarios.

Resultado de imagen de Curso monográfico

No DOG de hoxe publicase hoxe  Curso monográfico Responsabilidades Administrativas e Penais de autoridades e Funcionarios, trataranse, entre outros, os seguintes temas:

• O réxime das responsabilidades dos axentes da Administración: problemática actual e análise xurisprudencial.

• As responsabilidades administrativas: patrimoniais, disciplinarias e contables.

• As responsabilidades penais: delitos contra a Administración pública.

• Outros delitos.

• Como evitar incorrer en responsabilidades, Precaucións procedementais e remedios xurídicos.

LUGAR E DATAS-    EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela, 29 (horario de mañá) e 30 de xuño de 2017 ( horario de mañá e tarde). 15 HORAS LECTIVAS.

 INSCRIPCIÓN.- As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

 TELÉFONO INFORMACIÓN.– DE 8.30 A 14.30 HORAS EN EL TELÉFONO 981 54 62 39-981 54 62 41.  

VER PUBLICACIÓN DOG

EGAP convoca, xornada A boa Administración e o dereito administrativo.EGAP.

Resultado de imagen de egap

O obxectivo desta xornada é profundar no estudo do principio e dereito á boa Administración desde unha perspectiva xeral e nalgúns sectores da actividade administrativa, con especial referencia á contratación administrativa.

 Contidos,  A proxección da boa Administración e o dereito administrativo contemporáneo,  A boa Administración e os servizos públicos, – O dereito á boa Administración na contratación pública, – A boa Administración e o ambiente.

 Destinatarios/as. Persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia e dos entes do sector público autonómico, da Administración de xustiza, das niversidades galegas, xuristas, alumnos/as universitarios/as e persoas interesadas en xeral.

Lugar: Universidade da Coruña; Facultade de Dereito; Salón de Graos,  DATA 16 de maio de 2017. (7 HORAS LECTIVAS)

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.gal/matricula/.

VER PUBLICACIÓN DOG

EGAP. FIN PRAZO INSCRIPCIÓN PROBAS DE AVALIACIÓN

CIRCULAR FIN PRAZO INSCRICION PROBAS AVALIACION (1)1

EGAP

Resultado de imagen de AUTOFORMACIÓNNO DOG DE HOXE PUBLICASE RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

IMPORTANTE.- Calquera persoa interesada poderá ter acceso aos contidos dos cursos SEN NECESIDADE DE TER QUE FACER EXAME, por iso é polo que  o prazo para inscrición sexa ata o 30 de decembro; agora ben, se a intención é obter un título, a persoa interesada deberá facer a inscrición antes do 20 de abril.

CURSOS QUE SE CONVOCAN: Os relacionados no Anexo I da resolución publicada.  Podes velo no noso blog https://spjusogalicia.wordpress.com.

PRAZO PARA SOLICITAR AS PROBAS DE AVALIACIÓN: Dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. (ATA 0 20 DE ABRIL).

PRAZO PARA SOLICITAR ACCESO OS CURSOS: ATA O 30 DE DECEMBRO DE 2017.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula&gt;, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

PROBAS DE AVALIACIÓN das  actividades do Programa de autoformación que se convocan de acordo co previsto  no  ANEXO II.,  e terán lugar nas dependencias da EGAP, Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas)

CERTIFICADO DE EQUIVALENCIA.- As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia, equivalente  a un de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do Programa de autoformación.

 INCIDENCIAS.-  As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

VER PUBLICACIÓN DOG