Archivo de la categoría: PERMISOS, VACACIONS E LICENCIAS

ACLARACIÓN DA DXX SOBRE O PERMISO POR DEBER INESCUSABLE

notiimportante-1A Dirección Xeral de Xustiza publicou a seguinte NOTA INFORMATIVA:

“Finalizado o permiso por deber inexcusable conforme o previsto na Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño de 2020, co deber de incorporarse o día 22 de xuño, a solicitude de calquera permiso requerirá o informe do responsable funcional e a valoración e correspondente autorización ou denegación do servizo de persoal, non sendo posible entender una concesión automática e a conseguinte posibilidade de ausencia do posto de traballo coa  mera formulación da solicitude.”

 

Programa Anual de Vacacións 2020

Vacacións 2020 jpg

VACACIÓNS – circular -programa anual 2020

A Dirección Xeral de Xustiza, publica na Intranet o Programa Anual de Vacacións para este ano 2020. Conforme vos temos informado, e tras negarnos dende SPJ-USO a que “pisoteen os nosos DEREITOS” como fixeron no territorio Ministerio, o noso programa de vacacións é igual que o de 2019 en canto a requisitos e porcentaxes de permanencia no verán.

Sigue leyendo

VACACIÓNS 2020 E HORARIO FASE 3 – xuntanza do 12-6-2020

VACACIÓNS 2020 E HORARIO

  • Respecto ó prazo de desfrute de vacacións e asuntos particulares queda pendente de vindeiras xuntanzas.
  • HORARIO: Nesta 3ª fase da desescalada (mínimo ata o 21 de xuño) seguimos co horario de 6 horas, e na 4ª fase volverase a falar do tema.
  • VACACIÓNS: Conforme á nosa solicitude, mantéñense as porcentaxes como en 2019, sen modificación algunha.

Do 1 de Xullo ó 30 de setembro, permanencia do 50 % de persoal, excepto agosto, que será permanencia do 33 %, agás Rexistros Civiles esclusivos de Vigo e Coruña onde será do 50 %.

Nos vindeiros días dictarase o programa anual de vacacións 2020, abríndose o prazo de solicitudes para a tempada de verán.

VACACIÓNS 2020: BORRADOR DO MINISTERIO

Vacacións 2020 - borrador

📢🔊 VACACIÓNS 2020: BORRADOR DO MINISTERIO 📢👇

Referente ó  borrador do Ministerio de Justicia:

☑️ A pesar de que o anterior texto que nos remite o Ministerio de Xustiza é un BORRADOR, SPJ-USO Galicia non consentirá que no noso ámbito se pisoteen os nosos dereitos, polo que xa está facendo as xestións oportunas coa DXX para a mellora dese texto.

☑️ Mentres, outros deixan que no ámbito Ministerio se ignoren os nosos DEREITOS, asistindo ás xuntanzas como “invitados de pedra”, e presumindo delo.

☑️ SPJ-USO: FEITOS, non palabras‼️

☑️ Lembrámosvos que antes do 15 de xuño teremos xuntanza de negociación coa DXX de Galicia sobre vacacións 2020 e horario.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados‼️

ACCEDE AO BORRADOR

Borrador vacacions 2020 no ámbito MJ

VACACIÓNS 2020: ÚLTIMA HORA‼️📢

balanza SPJ

📢🔊 VACACIÓNS 2020: ÚLTIMA HORA‼️📢

➡️ O Ministerio de Xustiza infórmanos, e a DXX ten previsto “adoptar” as decisións do Ministerio no referente ás vacacións 2020, tralas xuntanzas do dia de hoxe:

➡️ O Ministerio ten intención de acordar:

☑️ Que do 1 ao 10 de agosto estea unicamente presente o 10% dos funcionari@s.

☑️ Que do 11 ao 31 de agosto estea presente do 20 ó 30% dos funcionari@s.

☑️ Que en xuño, xullo e setembro estea presente o 80% dos funcionari@s.

☑️ Prevese a ampliación do prazo de disfrute das vacacións de 2020,  previsiblemente ata o 31 de marzo, aínda que non é definitivo.

☑️ A actividade do mes de agosto intentarán que sexa mínima, a pesares da habilitación xa acordada.

☑️ Antes do 15 de xuño, a DXX convocará xuntanza de negociación para tratar o programa anual de vacacións e o horario.

👉👉 Dende SPJ-USO esixiremos á DXX o respecto ós nosos dereitos vacacionais e manterémosvos puntualmente informados‼️

PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2020 E SOLICITUDE DE ASUNTOS PARTICULARES

IMAGEN PERMISOSPROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2020 E SOLICITUDE DE ASUNTOS PARTICULARES.

Ante  as múltiples preguntas ó respecto, aclaramos e informamos de que:

☑️ Esta semana, concretamente o mércores, haberá unha xuntanza do Ministerio de Xustiza coas Comunidades autónomas transferidas, entre elas Galicia, para consensuar as reglas xerais do programa anual de vacacións.

Posteriormente, antes do 15 de Xuño, teremos xuntanza os sindicatos coa Dirección Xeral de Xustiza sobre o programa anual de vacacións e sobre o horario.

☑️ Debemos ter en conta que o horario de 6 horas entre as 7.30 e as 15.00 horas pode ser beneficioso para o funcionariado en relación co horario de verán que debería comezar o 15 de xuño, e que na situación actual é de “difícil aplicación”,  estándose a barallar esa posibilidade para este 2020.

☑️ Referente á solicitude de asuntos particulares, recomendase cando se precise un día de asuntos particulares, cambiar o turno presencial de ser posible, e sólo pedir o día noutro caso, tal como textualmente nos pediu na xuntanza do dia de onte a DXX.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados‼️