Archivo de la categoría: RETRIBUCIONS

Apróbanse as seguintes instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica .

Resultado de imagen de NOMINAS

ORDE do 3 de xullo de 2017 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2017 e se actualiza con efectos do 1 de xaneiro de 2017 a contía das retribucións.

VER DOG

Anuncios

SPJ USO ESIXE Á DXX MESA SECTORIAL EXCLUSIVA DE RETRIBUCIÓNS

Resultado de imagen de retribucionESVER  ESCRITO RETRIBUCIONES   Este sindicato ven de presentar escrito esixíndolle a Dirección Xeral de Xustiza, a convocatoria inmediata de mesa sectorial exclusiva de retribucións, coa presenza do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, A.A.P.P e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela, co fin de rematar coa grave discriminación que sufrimos os funcionarios de xustiza galegos desde hai anos.

              COMPLEMENTO  AUTONOMICO TRANSITORIO (CAT).-

É  hora de que se faga unha revisión urxente dos importes do CAT.Lembramos á DXX que somos un corpo nacional e que de todo o territorio nacional, os funcionarios de xustiza en Galicia estamos na actualidade no furgón de cola de dita retribución, sendo os últimos en deixar de sofrer os recortes na mesma, e vendo como  no territorio Ministerio e case na totalidade das demais CCAA, o complemento milloraba.

                   BAIXA POR ENFERMIDADE.-

Esiximos que dunha vez por todas se elimine a penalización das baixas médicas, que nos obriga mesmo a acudir ao noso posto de traballo en situacións de enfermidade, xa que as nosas nóminas xa non aguantan máis recortes. Recordamos que levamos anos loitando contra esa normativa confiscadora e denunciando a discriminación co réxime establecido para outros integrantes da Administración de Xustiza como Maxistrados e Fiscais, que en todo caso, debe ser o mínimo aplicable a todo o persoal de Xustiza.

 COMPLEMENTO PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA.-

Os xulgados de violencia de Galicia son os únicos de todo o estado Español, nos traballadores non reciben ningún complemento económico pola penosidade do traballo realizado diariamente.  A Administración é coñecedora de que estes órganos teñen unha hora de entrada, pero  os seus traballadores e traballadoras nunca saben cal vai ser a súa hora de saída, xa que o seu horario está suxeito a unha garda permanente. Denunciamos que os complementos que están fixados para estes órganos noutros lugares de España chegan a alcanzar os 1000 euros e recordamos que xa no seu día houbo negociación sobre o tema, pero, inexplicablemente, a DXX retirou de xeito sorpresivo a súa oferta en plena negociación.

COMPLEMENTO PARA AS OFICINAS DE REXISTRO DOS  XULGADOS DE GALICIA.-

Tamén queremos sinalar que os compañeiros dos Decanatos ou oficinas de rexistro e repartición de escritos, sofren unha discriminación horaria, polo réxime de permanencia que lles obriga estender a súa xornada,  tanto no verán como no inverno ata as 15 horas. O agravio comparativo co resto dos seus compañeiros e particularmente grave no período estival,  xa que non lles permite gozar da flexibilidade horaria, e e nas semanas grandes, impedindo a realización da xornada reducida.

PUBLICADO NA VOZ DE GALICIA: OS FUNCIONARIOS DA XUNTA COBRARAN A SUBIDA DO 1% NA NOMINA DE XULLO

Resultado de imagen de subida 1 sueldo funcionarios 2017CIRCULAR subida 1     A Xunta de Galicia, para non perder os bos costumes, en vez de comunicarllo aos lexítimos representantes dos traballadores, ven de anunciar no seu diario de cabeceira, que a subida salarial do 1% recollida nos presupostos xerais do estado, vaise aboar na nómina do vindeiro mes de xullo, xunto cos atrasos correspondentes desde o mes de xaneiro.

Desde SPJ-USO valoramos que ditas cantidades se abonen na primeira nómina que percibiremos trala publicación dos presupostos no BOE, pero o que non imos deixar de denunciar e o vergoñento exercicio de cinismo que supón cuantificar as cantidades a cobrar en nada menos que unha media de 1430 euros ano por empregado público. Sigue leyendo

CONFECCIÓN DE NÓMINAS DO PERSOAL AO SERVICIO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Resultado de imagen de nominas dibujo

O CAT POR FIN VOLVE ÁS NOSAS NÓMINAS

NO DOGA PUBLICASE HOXE ORDE do 10 de febreiro de 2017 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2017.

De acordo co disposto no artigo 23 da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, os funcionarios dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñen as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia percibirán as retribucións previstas na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, cando se aprobe esta, e mentres tanto serán de aplicación as retribucións previstas na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016 que se encontran prorrogados, e na restante normativa que lles sexa de aplicación.

VER PUBLICACIÓN NO DOG

Retribución de carácter extraordinario para o persoal do sector público autonómico

98e3c-logo_intranet_xustiza-compressorLei 7/2016, do 1 de xullo, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico de Galicia, en concepto de recuperación dos importes efectivamente deixados de percibir de acordo coa Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, na parte proporcional ao tempo de servizos prestados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2013.

Para acceder ao texto completo da Lei prema nesta ligazón.

Tras varias sentencias en su contra, la Xunta devolverá parte de la paga extraordinaria correspondiente a dos meses del año 2013

justicia_dineroPublicado en lavozdegalicia.es. No le va a cambiar la vida a ningún funcionario ni se le borrará el disgusto de hace cuatro años, pero al menos percibirán con liquidez contante y sonante la recuperación parcial de la paga extraordinaria fulminada en el 2013. En realidad se trata de una pequeña parte, la correspondiente a los meses de enero y febrero, pagas devengadas por los trabajadores ya que la eliminación de la extra entró en vigor con los presupuestos de aquel ejercicio, aprobados el 1 de marzo. Sigue leyendo